8 nov 2011

Ximnasia rítmica

Na aula de terceiro hai un importante grupo de alumnas que practican  ximnasia rítmica e unha delas achegou algúns complementos necesarios para esta actividade. Quizais algunha dela nos represente nuns Xogos Olímpicos. Ánimo!
O obxectivo deste deporte é a busca de exhibicións orixinais, encadear exercicios difíciles, equilibrados e belos que potencien a expresividade e impresionen pola súa perfección técnica, harmonía e ritmo no movemento.
Os elementos que se empregan neste deporte son basicamente cinco:
  • Aro. Trátase dun elemento complicado.
  • Fita. A fita é vistosa e divertida, emprégase con música alegre.
  • Corda. Está considerado o máis difícil, aínda que por outra banda é tamén o máis elixido polas profesionais da ximnasia rítmica.
  • Mazas. É o elemento máis dinámico e alegre.
  • Pelota. Ofrece as rutinas máis elegantes.
Neste deporte olímpico hai competición tanto por conxuntos coma individualmente. En Barcelona 92 Carolina Pascual conseguiu a medalla de prata. En Atlanta 96 o conxunto español a de ouro.

2 comentarios: