9 nov. 2011

A castaña

Ficheiro:Frucht der Edelkastanie.jpg
A castaña é moi nutritiva, moito máis que calquera froito silvestre, aínda que de dixestión pesada.
O home aproveitouna sempre na súa dieta, e aproveitouna de mil formas. Isto xunguido á utilidade do castiñeiro, do que todo se aproveita, fainos afirmar que hoxe é a árbore silvestre de folla caduca máis cultivada.
O castiñeiro non dá máis traballo que o de quitarlle algún cano seco, xa que el mesmo se esterca coa folla que lle cae.
Co outono, as castañas empezan a pingar, isto é, abrir os ourizos e deixar caer os froitos. Estas castañas son as do angazo, xa que se recollen con el. É o labor da apaña.

Traballos realizados polo alumnado de 3º e 4º relacionados co magosto

O castiñeiro varéase coa baloira ou taloira, pao longo co que se van chimpando os ourizos e cos que se fai unha ouriceira para que podreza o ourizo e se abra.
Despois recóllense e póñense no canizo enriba da lareira para que se sequen e non podrezan.
Outras veces vanse sacando as castañas do ourizo cos pés calzados con zocos.
Nas zonas de moitas castañas constrúen sequeiros onde se poñen as castañas para secar. No andar de abaixo, co piso de terra, acéndese lume e o fume pasa ao primeiro andar e vainas secando.
Nalgunhas comarcas tamén se usan as máis pequenas para o engorde de gando, sobre todo dos porcos, feito éste ao que se atribúe a boa calidade dos xamóns.

2 comentarios:

  1. El magosto fue muy divertido,lo malo es que no pudimos hacer todos los juegos

    ResponderEliminar
  2. El magosto es algo muy divertido, apasionante, especial etc.
    A mi lo que más me gusa son las castañas, pintarnos con el carbón pero hubo algo que solo paso este año (Mario tuvo mucha barba) algo que me sorprende porque los niños no pueden tener barba. Chao Mario (el barbudo) tambien quiere escribir un comentario.

    ResponderEliminar