O pasado venres o alumnado de terceiro foi ao colexio disfrazado debido ao Samaín, que este ano tivo que ser celebrado dun xeito distinto. Ademais houbo unhas merendas terroríficas.
Disfrutade tod@s deste recantiño do CEIP MESTRES GOLDAR. O curruncho do segundo ciclo está destinado ao alumnado de terceiro e cuarto de primaria e a toda a comunidade educativa.
As palabras sinónimas son as que teñen o mesmo significado ou moi parecido.
As palabras antónimas son as que significan o contrario.
Temos un vídeo moi clariño sobre o único satélite que ten o noso planeta e as súas 4 fases: Lúa chea, cuarto minguante, Lúa nova e cuarto crecente.
Mediante a función de NUTRICIÓN, tomamos alimentos e auga, respiramos osíxeno, utilizamos estas substancias para vivir e medrar, e expulsamos os refugallos. Para realizar esta función, traballan xuntos os aparatos dixestivo, respiratorio, circulatorio e excretor.
Xa que estivemos falando dos romanos e de algúns monumentos que temos incluso en Galicia, imos aprender máis sobre eles.
Neste inicio de curso estivemos falando do gran arquitecto Antonio Gaudí. Podes visualizar algún dos vídeos que traballamos na aula.
Clica nas imaxes para mirar os vídeos.
Benvidos e benvidas ao novo curso 2020/21 que acaba de arrancar. Trátase dun ano un tanto diferente aos outros por todo o que conleva as distintas medidas a tomar en relación co Covid-19. Pero seguro que será un gran curso para todo o alumnado de terceiro de primaria.

![]() |
| Alejandro |
![]() |
| Nerea |
![]() |
| Eleni |
![]() |
| Aroa |
![]() |
| Naiara |
L. CASTELLANA: Vamos a la 194 y leeremos la retahíla "Esta es la llave de Roma". Haremos también las actividades relacionadas con la lectura. Es un poema en el que se mencionan una serie de cosas en orden, de modo que cada una se encadena a la siguiente. Puedes subrayar las palabras que se repiten, para aseguraros que siguen el orden y no queda ninguna.![]() |
| Valeria |
![]() |
| Pedro |
| Anxo |
| Ian |
| Roberto |
Hoxe toca PLÁSTICA. Imos imitar ao famoso pintor ruso Kandinsky. Podes dividir o folio en 12 partes (igual necesitades axuda) e debuxar e colorear aí cousas similares, círculos, corazóns, flores, froitas, caras, ou incluso superzings. O que queirades. Fai algo similar a estas creacións (a das figuras redondeadas é o cadro de Kandinsky). Mandade as vosas creacións.
MATEMÁTICAS: "Que número é? Detective matemático e matemática".Gústanche as Mates? Darlle voltas á cabeciña é o teu? Pois parabéns, esta ACTIVIDADE
é para ti! (Clica enriba desta explicación). Este é un recurso con pistas (24 cuestións) relacionadas cos números, só
apta para nenas e nenos que sexan detectives matemáticos intrépidos. Vai a modo e atende ben:
maior, menor, sumas, restas, decenas, unidades, a recta numérica… Logo
de escribir os resultados no teu caderno, podes comprobar se estás no
certo. Pero... “Un bo ou boa detective non fai trampas! Resolve primeiro e comproba despois!”
![]() |
| Muxidoira |
![]() |
| Guindastre |
![]() |
| Fita transportadora |
![]() |
| Tosquiadora |
![]() |
| Batedor |
![]() |
| Trade |
L. GALEGA: "Escribo instrucións". Páxinas azuis 192 e 193. Hai que ter en conta a importancia das instrucións e a gran presenza que teñen na nosa vida: utilizámolas para coñecer o funcionamento dun aparello, para montar un moble ou un xoguete, para saber como se prepara unha sobremesa, para ensinarlle a un amigo ou amiga como se xoga a un xogo... A primeira parte vai sobre como montar un papaventos e a segunda sobre un crebacabezas personalizado. O número 4 podes facelo só se te apetece.![]() |
| Alejandro |
| Aroa |
| Valeria |
Hoxe temos PLÁSTICA. Imos facer espantallos para poñer no xardín, nunha maceta, ou incluso decorando, con material de refugallo. Poño aquí algunhas ideas,pero vós podedes facelo como queirades. Manda algunha foto da túa creación.Toca imaxinación!!!