L. GALEGA: "Escribo instrucións". Páxinas azuis 192 e 193. Hai que ter en conta a importancia das instrucións e a gran presenza que teñen na nosa vida: utilizámolas para coñecer o funcionamento dun aparello, para montar un moble ou un xoguete, para saber como se prepara unha sobremesa, para ensinarlle a un amigo ou amiga como se xoga a un xogo... A primeira parte vai sobre como montar un papaventos e a segunda sobre un crebacabezas personalizado. O número 4 podes facelo só se te apetece.L. CASTELLANA: Página 189. Las lenguas de España. Como bien sabéis en España además del castellano o español, también existen otras lenguas igual que en Galicia el gallego. Así en Cataluña se usa también el catalán, o en el País Vasco se utiliza el vasco o euskera. El gallego, el castellano y el catalán se parecen porque provienen del latín, mientras que el vasco es una lengua muy diferente, y todavía no se sabe muy bien cuál es su origen.
SOCIAIS: "Os restos do pasado" (102 e 103). É moi importante coñecer como vivían no pasado, para comprender como vivimos agora. Lembra que moitos restos (cadros, documentos escritos, restos de vasillas...) podemos encontralos nos museos. Tamén hai monumentos que se poden visitar. Pero sempre hai que cumplir unhas normas de comportamento axeitadas.
Imos ver un vídeo sobre a Prehistoria. Ten en conta que é hai moitísimo tempo, antes de romanos , exipcios...
No hay comentarios:
Publicar un comentario