5 may 2020

CONTO COLECTIVO DE 1º E 2º. MAIOS

Que tal rapaces e rapazas? Iniciamos unha nova semana. Xa estamos no mes de maio. 
A primeira proposta de hoxe é rematar o conto colectivo que todos os anos se realiza entre primeiro e segundo. Este curso tocou empezalo á aula de segundo. Como lembrades, a nosa parte estaba finalizada con todas as vosas ideas e incluso tiñamos os debuxos xa feitos. O que hai que facer é que cada un e unha de vós invente e escriba un final para o conto e incluso lle poña un título. Sei que pode ser un pouco complicado, pero non pasa nada, imos intentalo, non é necesario que o fagas hoxe todo. Para lembrar a historia desde o inicio, podes clicar aquí para ler a parte que fixeramos. Mandádeme eses finais, que espero impacientemente, para saber como pode rematar esa viaxe fantástica a través do tempo. Dou liberdade para facelo en castelán ou galego. (Non vale dicir que non se vos ocorre nada ou facer só dúas liñas). Tamén podedes acompañalo dalgún debuxo.
FESTA OS MAIOS: Este curso non podemos celebrar a Festa dos Maios no noso colexio, prevista para o venres 8, debido á situación actual, pero si que vos propoño facer un maio nas vosas casas, do xeito que queirades (ao longo da semana), incluso coa axuda da familia, podedes empregar o que teñades a man como flores naturais, de papel, debuxadas,  de plastilina, de cartolina... Podedes facelo cun armazón ou debuxándoo, ou como queirades. Mandade fotos, para poñelas no Curruncho, das vosas creacións finais,  e se podedes tamén de como ides facéndoo.




Ya concretamente en LENGUA CASTELLANA haremos la lectura (una vez en silencio y otra en voz alta como mínimo) del poema "En la orilla" de la página 146 y las 2 actividades. Después nos fijaremos y rodearemos todas aquellas palabras finales de cada verso del poema que terminen con los mismos grupos de letras, es decir, las palabras que riman (por ejemplo susurra, murmura y estornuda riman pero solamente en las vocales, pero también habría que rodearlas). Por último los ejercicios 3 y 4 de la siguiente página. Si queréis podéis incluso copiar la poesía en el cuaderno y hacer un dibujo al acabarla.
En MATEMÁTICAS hoy trabajaremos problemas con sumas, restas y/o multiplicaciones. Clicad aquí. Habrá que leer con calma los enunciados y fijarse bien en las preguntas (cuidado que algún dato lo puedo poner para engañar y comprobar si estáis atentos a lo que hay que hacer. Si queréis copiarlos podéis, pero no es necesario. Enviadme las soluciones.
SOCIAIS: Iniciamos a unidade "A Paisaxe". Temos que facer a lectura e despois as actividades de "Que sabemos" (76 e 77).

No hay comentarios:

Publicar un comentario