Moitas grazas a Mario, Adriana, Lucía F., Andrea, Sophía, Edu, e ao resto do alumnado polo seu interese polo mundo dos minerais e traer a clase algunhas mostras interesantísimas (variedades de cuarzo, ágata, amatista, rosa do deserto, quiastolita, azurita, ollo de tigre, calcita...) e darnos algunhas informacións valiosas.
As rochas volcánicas son aquelas que se formaron polo enfriamento da lava na superficie terrestre. Este rápido enfriamento fai que se formen nestas rochas moitos cristais pequenos chamados microcristais o grans finos. (Adriana)
A escala de Mohs é utilizada en xeoloxía para medir a dureza dos minerais. Foi proposta por Friedrich Mohs e baséase na resistencia dun mineral a ser raiado por outro.
Mohs, que era xeólogo, escolleu 10 minerais ós que atribuíu un determinado grao na súa escala comezando polo talco ó que lle deu o número 1 e rematando polo diamante ó que lle deu o 10. (Mario)
A táboa é a seguinte: Dureza | Mineral | |
---|---|---|
1 | Talco (pódese raiar facilmente coa unlla). | |
2 | Xeso (pódese raiar con certa dificultade coa unlla). | |
3 | Calcita (pódese raiar cunha moeda de cobre). | |
4 | Fluorita (pódese raiar facilmente cun coitelo). | |
5 | Apatito (pódese raiar con certa dificultade cun coitelo). | |
6 | Ortosa ou feldespato(pódese raiar cunha lixa de aceiro). | |
7 | Cuarzo (raia ó vidro). | |
8 | Topacio (é raiado polo corindón). | |
9 | Corindón (zafiros e rubíes son variedades de corindón). | |
10 | Diamante (o mineral natural máis duro). |
Os minerais son todos moi bonitos,espero que nos salga ben o examen dos minerais.
ResponderEliminarOS MINERAIS GUSTARONME MOITO
ResponderEliminarme da pena haber acabado el tema 4 los de los mirerales y las rocas buaaaaaaaaa, buaaaaaaaa
ResponderEliminar¡Minerales para mi! ups lo siento yo tengo un diamante y dos cuarzos en teoria tres Mario me quito uno ¡a! el diamante que tengo en $ son
ResponderEliminar90000000.